martes, 14 de abril de 2020

Galego 3º e 4º (semana do 14 ao 17 de abril)


Voltamos ao traballo rapaces e rapazas! 
Isto é o que vos deixo para esta semana. 
Espero que estedes todos ben!
  • 3º e 4º: 
    • sacarvos unha foto axundando ás vosas familias a coidar ou a plantar na horta. Se non tedes horta seguro que regades as plantas ou flores que tedes nas casas. Despois facer unha redación no voso caderno explicando o que plantastes, como o plantastes e cales son os coidados que precisan esas plantas. 
    • Os que non teñades horta podedes escribir o nome das plantas que regades na casa, se dan flores e cales son os coidados que precisan.
    • Quen non teña plantas nin horta pode escribir unha  redación sobre por que son importantes os produtos da horta no noso día a día.
  • 3º: lectura do tema 10 do libro nas páxinas 126 e 127. Despois facer exercicios 1, 2, 4 e 5 da páxina 128.
  • 4º: lectura do tema 10 do libro nas páxinas 124 e 125. Despois facer exercicios 1, 2, 4 e 5 da páxina 126.



***Agradecería que me mandárades os exercicios escritos nos cadernos a través de correo electrónico: inglesrosaliadecastropol@gmail.com ou ao seguinte número a través de Whatsapp 659884245 (sacándolle fotos chega)
Lembrade que estou dispoñible para calquera dúbida, moito ánimo a tod@s!

Bótovos moito de menos, estou desexando vervos! Un bico e unha aperta grande!

No hay comentarios:

Publicar un comentario