martes, 19 de mayo de 2020

Aclaracións tarefas Ciencias Naturais 3º E.P.

Boas tardes, en primeiro lugar pedirvos disculpas polas dificultades xurdidas con respecto á materia de Ciencias Naturais dos vosos pequenos. Hoxe fun capaz de sobentalas,polo tanto ímos intentar poñernos ó día,cousa, que por outra banda non me cabe dúbida algunha.
Nos vindeiros días van facer chegar as vosas casas as fichas relativas os temas do terceiro trimestre, eu as vou ir mandando facer a medida que ían vendo a materia referente a cada unha delas, pero considerei oportuno enviárvolas xuntas dado que así facilitaba o traballo. Polo tanto as actividades que deberán realizar durante esta semana no relativo a materia que nos está a ocupar son as seguintes;

  • "A materia", ler a páxina 96 e facer as preguntas da páxina 97 orais, de maneira que teñades constancia de que a comprensión do texto foi boa, xa que lles vai ir anticipando os contidos que se van a traballar no tema.
  • As páxinas seguintes,98 e 99, ler e realizar as actividades na libreta. 
  • Do mesmo xeito deben facer na 100-101, exercicios 1,2 e 3.
Para calquera traba, explicación ou consulta que poda xurdir, non dubidedes en poñervos en contacto conmigo, o meu correo é mdbalboa@edu.xunta.es.
Cabe explicar que por razóns que se refiren as relacións cos alumnos neste estado que nos atopamos, non estou subindo as solucións os exercicios que semanalmente deben de facer. Unha vez os corrixo, se é necesario, así como explicacións ou aclaracións, fágoas a través do correo persoal. Ben é certo que se vós, preferides que volas envíe eu non teño problema.
Espero que todos estedes ben, moitos bicos os pequenos e todo vai pasar.
Mako.

No hay comentarios:

Publicar un comentario