lunes, 11 de mayo de 2020

Galego 3º e 4º (semana do 11 ao 15 de maio)

Esta semana imos traballar na materia de Galego dunha maneira especial. Como sabedes o 17 de maio celébrase o día das LETRAS GALEGAS. Este curso non o podemos celebrar no cole, pero si dende as nosas casas. 
Gustaríame comezar a semana con estas preguntas que deberedes contestasr no voso caderno: Por que celebramos o día das Letras Galegas? Que ten que ver Rosalía de Castro coas Letras Galegas?
Podedes consultar o seguinte enlace para responder ás cuestións anteriores: http://seminariogalan.org/inicio/dia

Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a Ricardo Carvalho Calero. A través das seguintes actividades en liña poderedes aprender moitas cousas interesantes sobre a vida e obra do escritor homenaxeado:
Para rematar podedes elaborar un pequeno póster co material que teñades pola casa, escribir un texto, crear un cómic, etc (elixide o que máis vos apeteza) sobre o que aprendérades de Carvalho Calero e enviarmo como sempre facedes ao correo electrónico.

Moitas grazas. Espero que sigades con moita saúde e enerxía para a recta final do curso.

MOI BOA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario