martes, 16 de junio de 2020

Ciencias Sociais/Ciencias Naturais 3º-4º E.P.

Boas tardes, en primeiro lugar quero resaltar o esforzo, responsabilidade e constancia que cada un de vós demostrástedes durante todo este tempo que nos tocou vivir, de igual modo ás familias que foron quen de realizar tarefas que, ca normalidade, non lles corresponderían exercer.
Tamén hai que ter en conta, no que se refire ás asignaturas das cal son mestra, que se fixo especialmente complicado o proceso de ensino aprendizaxe a distancia, debido á dinámica que estábamos a desenvolver de xeito presencial. Por isto é recomenbale que leades a meteria que nos quedou pendente e fagades o resumo e o esquema de ditas unidades. Esta materia será impartida nas primeiras semanas do vindeiro curso.
Eu vou a estar a vosa disposición todo o que resta de mes para calquera dúbida que vós poda xurdir, pero sempre de modo voluntario.
Sinto moito que non nos podamos despedir en persoa, foi un placer traballar con vós.
Espero teñades unhas moi boas e merecidas vacacións dentro desta nova normalidade.
Unha aperta e un bico para todos e cada un de vós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario