lunes, 8 de junio de 2020

MATEMÁTICAS (8-19 JUNIO)



Déixovos material para que vaiades facendo esta semana e a que vén. 
Moito ánimo porque estades na recta final!!!!

3º CURSO
Aínda que non saibades todavía o que son os números decimales, vouvos propoñer que fagades sumas, restas e multiplicacións con elas. Para iso tedes que volver ao libro do segundo trimestre de matemáticas.

**É moi importante que tanto para sumar como para restar as comas teñen que ir debaixo das comas. Despois súmase e réstase igual que sabedes facer de sempre.
**No tocante ás multiplicacións, fanse igual ca sempre, pero ao rematalas tedes que contar o número de cifras decimais e colocar a coma no resultado final contando o mesmo número de cifras decimais de dereita a esquerda.


Sei que é complicado sen vernos e practicar todos xuntos, pero paréceme que o podedes facer!

EXERCICIOS 3º:
  • Ler as explicacións que veñen ao comezo das páxinas 144, 145, 146 e 147.
  • Páxina 144 exercicios 2 e 3.
  • Páxina 145 exercicios 1 e 2.
  • Páxina 146 exercicios 2 e 3.
  • Páxina 147 exercicios 2 e cálculo mental.


4º CURSO
  •  Lectura páxina 218
  • Páxinas 218 e 219 exercicios 1, 2, 3 e 4
  • Lectura páxina 220
  • Páxinas 220 e 221 exercicios 1, 2, 3, e razonamento

No hay comentarios:

Publicar un comentario